Reportaxe | Estudos da metalurxia en Boiro
O arqueólogo Xurxo Ayán salientou que as análises das pezas atopadas permitiron unha boa contextualización.
(Firma: Chechu López | Lugar: ribeira) Os continuos achados nos castros de Neixón non deixan de sorprender aos investigadores, ao igual que sucede coas conclusións que se derivan deses restos arqueolóxicos. As últimas indagacións constatan por primeira vez a coincidencia no tempo dos obradoiros de bronce e de ferro, entre os séculos IV e II antes de Cristo. Esa metalurxia estaba moi desenvolvida para a época da que se fala.
Así o deu a coñecer o arqueólogo Xurxo Ayán no inicio das xornadas sobre a minería no Barbanza, organizadas pola Concellería de ?Cultura de Boiro e a asociación O Faiado 2. Este técnico dirixe ao equipo do laboratorio de arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento que desenvolve un amplo e interesante proxecto nos castros de Neixón.
Contextualizados
Esas investigacións foron posibles grazas aos resultados das analíticas modernas dos crisois e fíbulas, entre outros obxectos, que permitiron reconstruír a cadea técnica e operativa das metalurxias do bronce e do ferro. Segundo Ayán, na maioría dos castros galegos, estes restos están descontextualizados. Pero os atopados nos fosos monumentais dunha das entradas do Castro Grande de Neixón se inclúen nun entorno histórico moi ben definido. Ata agora, os expertos mantiñan a idea de que a chegada do ferro e o espallamento das técnicas para traballalo producíranse na época dos romanos.
As primeiras evidencias da riqueza metalúrxica de Neixón a revelaron en parte os investigadores clásicos, que dicían que os comerciantes fenicios e cartaxineses viñan a esta zona por cobre e estaño que lles mercaban aos castrexos, que recibían a cambio obxectos de bronce, cerámicas e peles. «Eses bens de importación foron monopolizados por unha elite que o vía como algo exótico e contribuíu a xerarquizar máis esa sociedade», matizou Ayán.
Combustión
Entre as evidencias sobre a actividade metalúrxica en Neixón na época prerromana, este arqueólogo non quixo pasar por encima a produción e as técnicas, polo que se referiu aos fornos nos que se utilizaba como fundente a area silícea da praia da punta de Neixón e para queimar empregaban o torgo, que tiña un gran poder de combustión. Alcanzábanse temperaturas de ata 1.500 graos, o que permitía lograr un ferro de gran calidade.
Ayán tamén disertou sobre a vertente etnográfica da arqueoloxía, a partir de referencias orais e testemuñas de veciños que viviron nos anos 40 e 50 do século XX. Os resultados se incluíron na documentación audiovisual deste equipo, que puido ter coñecemento do lugar onde estaban os obradoiros dos ferreiros e as áreas de extracción do mineral, en Vidres, nun espazo no que se conserva o topónimo de Os Fornos. A devandita mina está emprazada a menos dun quilómetro do Castro Grande de Neixón.
Fuente: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario